miércoles, 29 de mayo de 2013

Cine, debate, arte e cultura centrarán o programa do Festival Free Sahara

Arranca mañá xoves día 30 o Festival Free Sahara no Porriño

O municipio de O Porriño (Pontevedra) será testigo mañá día 30 da Iª edición do Festival Free Sahara, un Festival que tene como obxectivo informar e sensibilizar sobre a situación existente no Sahara Occidental a través da proxección de películas, documentáis e conferencias realizadas por personas con ampli¡o coñecemento da problemática saharaui. O Festival Free Sahara se celebrará os días 30 e 31 de Maio e 1-2 de Xuño en O Porriño (Pontevedra).
Xoves 30 de Maio: Centro Cultural do Porriño

O Festival Free Sahara arrancará mañá día 30 na sala de exposicións da Casa da Cultura do Porriño coa exposición "Luyou" (Exilio), unha retrospectiva dos  40 anos de conflicto saharaui e do exilio do pobo saharaui producido pola invasión marroqui da "marcha verde". "Luyou" amosa ademáis a forma de vida dos campamentos de refuxiados e a ilusión dos saharauis por recuperar a súa terra e cultura.

Venres 31 de Maio: Centro Cultural do Porriño

O Venres pola tarde arrancan as proxecións audiovisuáis coa proxeción ás 19:00 horas de "Hijos de las Nubes" de Javier Bardem, pelicula premiada e recoñecida internacionalmente, sobre o problema saharaui.


Logo virá a primeira conferencia-debate, impartidas por  Pedro Pinto Leite (á dereita), secretario de la Plataforma Internacional de Juristas para Timor Oriental y miembro del Consejo Ejecutivo de la Asociación Internacional de Juristas por el Sahara Occidental e Aby Hatman (á esquerda), Responsable de “ATTURAZ” (Asociación para la preservación y desarrollo  del legado cultural saharaui).

Sábado 1 de Xuño: Centro Cultural do Porriño


Pero sen dúbida, un dos momentos máis esperados do Festival será a intervención este sabado ás 20:30 horas, de Hassanna Aalia, refuxiado político condenado por Marrocos a cadea perpetua e defensor dos dereitos humáns no Sahara Occidental. Hassana Alia realizará unha conferencia sobre a situación do Sahara ocupado tras a proxección tamén na Casa de Cultura do Porriño ás 19:30 de "Gden Izik", un documental sobre os feitos acaecidos en El Aium durante os sucesos do Campamento Liberdade. Hassana Alia é agora mesmo unha das maiores personalidades na defensa dos dereitos civís no Sahara Ocupado que viviu en primeira persoa os altercados de El Aium e a dramática situación na que se atopan os territorios da ex-colonia española.

Domingo día 2 de Xuño, Xornada Saharaui no bar Salgueira

Por último, o Festival Free Sahara pecharase este domingo cunha "xornada saharaui" no bar Salgueira onde se instalará unha Jaima Saharaui e se poderá degustar "te saharaui" ó tempo que se dispensará gratuitametne a famosa henna (tinte estético especialmente valorado) . O festival clausuraráse coa proxeción a ceo aberto no propio bar Salguera de O Proriño, ás 19:15 do documental "Wilaya" de Pedro Pérez Rosado, sobre a vida dos saharauis nos campamentos de refuxiados, e un debate coloquio sobre a mesma ó seu remate.

1 comentario: