lunes, 3 de junio de 2013

Clausura entre aplausos e emoción do Iº Festival Free Sahara que xa promete unha nova edición

O Festival Free Sahara 2013 baixou o telón este domingo cunha xornada saharaui e moitas sorpresas. Emocionados pola boa acollida recibida, a comision organizadora agradeceu o apoio de todas as persoas e organismos que colaboraron na súa primeira edición e ós medios de comunicación que tan ben trataron o festival nesta primeira entrega, convencidos que o seu formato sirve para achegar a problemática saharaui dende a arte, o debate de ideas e o coñecemento da súa cultura.


Coa proxección de "Wilaya", de Pedro Pérez Rosado, remataron as proxeccións, que foi seguida de moitas actividades na Jaima Saharaui instalada no Bar Salgueira, onde os asistentes puideron disfrutar de te saharaui e foron moitos os que fixeron tatuaxes de "henna". Música tradicional saharaui e "bó rollo", instaláronse no recinto do festival, mentres os asistentes podían fotografiarse no fotocall "Eu apoio á RASD" e asinar na campaña de apoio á causa saharaui. 


 
Asimesmo, sorteose un cadro pintado para a ocasión polo Pintor Iago Fernández, sobre a situación do Sahara.

A organización amosouse convencida de que tras a experiencia vivida neste primeiro Festival, teñen un longo camiño por diante para preparar a segunda edición do mesmo, que agardan teña maior repercusión e máis sorpresas, mantendo o formato de arte-documentais-conferencias-cultura sobre o Sahara.









No hay comentarios:

Publicar un comentario