domingo, 2 de junio de 2013

Hassana Alia: "Cada vez temos máis apoio da sociedade española a pesar dos seus gobernos e aspiramos a un Sahara libre só dende os dereitos humanos"


O documental Gdein Izik abriu a terceira xornada do Festival Free Sahara, a segunda de proxeccións e debates.

Documental crudo e dun alto valor periodístico, Gdeim Izik expón os sucesos acaecidos no campamento liberdade de El Aium entre Novembro e Decembro de 2010, no que 20.000 saharauis se concentraron para pedir dereitos humáns e o cumprimento dos acordos internacionais sobre a autodeterminación saharaui.


O remate do documental, foi seguido polo incio da segunda xornada de conferencias, neste caso, coa intervención do refuxiado político saharaui Hassana Alia.

Hassana Alia foi un dos 25 procesados polos sucesos acaecidos en Gdeim Izik, e que puido escapar do proceso ilegal e alegal levado a cabo polas autoridades marroquinas que condenaron ós 25 presos saharauis a cadena perpetua sen respeto algún polas normas e dereitos internacionnais, nun proceso tildado polos observadores internacionáis como "burla legal" co único obxectivo de dar unha lección á comunidade saharaui. Nalgúns casos, mozos con menos de 20 anos foron condenados a cadena perpetua.

A conferencia de Hassana Alia, que foi presentado polo propio Aby Ahtman, tivo por tanto, un alto interese por ser primeira persoa no proceso de Gdeim Izik e poder contar o que realmente aconteceu, moi lonxe do que as autoridades marroquinas expuxeron, e polo tanto, representa unha oportunidade de primeira man de coñecer a situación no propio Sahara Occidental ocupado, pois certamente se ten coñecemento do que acontece nos campamentos de refuxiados, pero non tanto do que pasa no Sahara ocupado.

   


O remtate da súa intervención, foron moitas as cuestións prantexadas a Alia polo público asistente, reltativas á situación do Sahara ocupado, a relación do Polisario coa poboación saharaui na zona ocupada ou sobre o seu propio estatus como refuxiado político en España. Alia ratificouse como o día anterior, en que loita pola autodeterminacion debe realizarse pola vía pacífica, e que a defensa dos dereitos humáns sería a mellor arma para conquerir o apoio da comunidade internacional, se ben foi crítico con respecto ó apoio dos goberno españois e francés na medida, pois como el mesmo afirmou, nos apoia máis a sociedade española que os seus gobernos. A postura de defensa dos dereitos humáns defendida por Hassana Alia foi aplaudida por Pedro Pinto Leite (a dereita) que explicou a situación dos Plans Baker I e Baker II e a posición actual da Minurso (Misión de paz das Nacións Unidas no Sahara Occidental).

 
A dereita, Hassana Alia conversa co poeta porriñes  Brais Ocampo. Arriba, un intre da conferencia de Hassana Alia

No hay comentarios:

Publicar un comentario