domingo, 2 de junio de 2013

O Festival Free Sahara consolídase na súa primeira edición como un Festival de referencia para coñecer a realidade saharaui


 Con gran expectación, abriuse este pasado venres a primeira das xornadas de documentáis e debate sobre a situación do Sahara Occidental cunha ampla asistencia á primeira xornada do Festival Free Sahara.

Logo dunha emocionante primeira proxeccíón do documental "Hijos de las nubes", de Javier Bardem, Mohamed Lahsen deu inicio ás conferencias do Festival, que iniciu Pedro Pinto Leite.


Pedro Pinto Leite é secretario de la Plataforma Internacional de Juristas para Timor Oriental y miembro del Consejo Ejecutivo de la Asociación Internacional de Juristas por el Sahara, cunha interesantísima reflexión sobre a situación saharaui en clave internacional, e a través dunha comparativa entre as situacións do Sahara Occidental e o caso da recentemente independizada excolonia portuguesa Timor Leste. Pinto Leite analizou xurídicamente a situación do Sahara e do dereito internacional e presentou o seu libro "El derecho internacional y la cuestión del Sahara Occidental" e foi obxecto de numerosas preguntas ó remate da conferencia.


A intervención de Pinto Leite foi seguida por Aby Ahtman, da asociación ATTURAZ (Asociación para la preservación y desarrollo  del legado cultural saharaui) , que fixo unha retrospectiva sobre a situación política e social do conflicto Saharaui na que desenvolveou o que ó seu xuizo debe ser o futuro do Sahara a través do cumprimento do dereito internacional do pobo saharaui á súa autodeterminación tal e como recoñece a propia ONU e recentemente a nova posición americana a través de da Fundación Kennedy e do novo secretario de estado, John Kerry. Ahtman tamén defendeu, como Pinto Leite, unha vía pacífica cara a independencia na medida en que progresivamente a causa saharaui vai gañando adeptos nas sociedades española e francesa, e mesmo na sociedade marroquina.

O remate das intervencións dos poñentes, abriuse un interesante debate entre o públicos que serviu para intercambiar experiencias e coñecementos sobre a problemática saharaui.

Esta primeira xornada serviu para amosar que o Festival Free Sahara xa se gañou un oco no panorama documental e crítico na comarca e con aspiracións de representalo tamén en Galicia. A comisión organizadora valorou prositivamente o éxito da primeira edición e afirmou que agarda que continúe no futuro.


A comisión organizadora cos ponentes Aby Ahtman, Pedro Pinto Leite e Hassana Alia







No hay comentarios:

Publicar un comentario